As federacións deportivas galegas, na súa función de colaboradores da administración pública galega, son un importante axente dinamizador para levar a cabo a organización e desenvolvemento de programas e actividades que impulsen a súa modalidade deportiva no ámbito de Galicia.
O incremento da practica deportiva federada en todas as idades e sexos, a adquisición de valores e hábitos de vida saudable a través da competición deportiva regrada e a mellora da xestión federativa e a súa paulatina profesionalización en todos os seus ámbitos son eixos de traballo fundamentais para esta Secretaría Xeral para o Deporte.
Por estes motivos e para este ano 2010, a Secretaría Xeral para o Deporte vén de formular un novo programa de apoio e colaboración coas federacións deportivas galegas a fin de acadar estes obxectivos, ase como o incremento cualitativo e cuantitavo da competición e tecnificación deportiva en Galicia.
No marco xenérico da austeridade e da optimización de recursos que presiden as actuais políticas da Xunta de Galicia, a priorización de actuacións e maximización de recursos, son, logo dun conxunto de responsabilidade das partes asinantes, notas esenciais destes convenios 2010 onde, a actual conxuntura económica, ten sido contrarrestada por melloras na xestión que permitirán minimizar resentimento algún na actividade federativa.
A Secretaría Xeral para o Deporte ven así de materializar, por primeira vez nos últimos anos dentro do primeiro trimestre de exercicio, a que sen dúbida é unha das súas principais funcións e cometidos: o establecemento das bases de colaboración e o soporte financeiro ás federacións deportivas para o desenvolvemento dos seus respectivos programas de actividades.
Desta forma, e xunto á actividade e a competición ordinaria, as seleccións autonómicas, o deporte en idade escolar, a tecnificación, o deporte feminino, as diferentes accións encamiñadas á promoción do feito deportivo como elemento integrador das persoas e colectivos con discapacidade, ou os proxectos federativos de especial relevancia para 2010, son contemplados nestes convenios para o ano en curso, garantíndose, en definitiva, o normal desenvolvemento da actividade federativa e o seu crecemento.
Documentos
Guía informativa para a presentación da xustificación.
Anexos II, III, IV.
Modelo de xustificación do anticipo.
Modelo xustificación convenio federacións 2010.
Modelo xustificación convenio federacións 2010 (exemplo).
Auditorías e normas de bo goberno federacións deportivas galegas.
Relación técnicos apoio proxecto federacións 2010.
© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636