Altas no rexistro
A posta en marcha dunha asociación deportiva debe realizarse a través dun proceso de rexistro formal que se leva a cabo a través da Secretaría Xeral para o Deporte ou dos Servizos Provinciais de Deportes das Delegacións Provinciais da Presidencia da Xunta de Galicia. Antes de solicitar a inscrición no rexistro dunha asociación deportiva debe terse en conta que a mesma non pode utilizar unha denominación idéntica á doutras xa registradas ou que poida inducir a confusión polo que sería conveniente que os interesados se poñan en contacto coa Secretaría Xeral / Servizos de Deportes para preguntar se a denominación elixida xa pertence a outra entidade.
Documentación que debe presentarse
- Solicitude de inscrición (modelo normalizado).
A entregar
por triplicado:
- Acta de constitución.
- Acta de aprobación dos estatutos pola Asemblea Xeral.
- Relación dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos.
- Estatutos do club. Os tres exemplares de estatutos deben estar asinados en todas as follas por todos os fundadores con firmas orixinais (non fotocopias).
- Xustificante de ter aboado as taxas.
*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da
páxina web da Consellería de Economía e Industria.
Modificación do rexistro
Este é o procedemento que debe seguirse para comunicar ao Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia as modificacións xurdidas nun club ou entidade deportiva que afecten a este rexistro, como poden ser as seguintes: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas.
Documentación que debe presentarse
- Solicitude normalizada.
- Fotocopia compulsada de acta da Asemblea do club na que se acorden as modificacións por duplicado ou certificación expedida polo Secretario co Vº e prace do Presidente onde conste a modificación.
- Xustificante de ter aboado as taxas.
Só xeneran pago de taxas os seguintes cambios:
- Creación de seccións deportivas.
- Modificación de estatutos.
- Cambio de denominación.
Non xeneran pago de taxas:
- Cambio de xunta directiva.
- Cambio de domicilio socia.
*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Economía e Industria.
Códigos das Taxas
- Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: 04
- Servizos centrais: 13
- Secretaría xeral: 01
- Inscrición no rexistro de asociacións deportivas: 300200. Importe para o 2009/2010: 9,65 euros
- Modificacións do rexistro de asociacións deportivas: 300200. Importe para o 2009/2010: 4,87 euros
Onde realizar calquera xestión referida ao Rexistro
- Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Coordinación Deportiva San Láraro, s/n. Estadio Multiusos
15890 Santiago de Compostela Teléfono: 981 542 619
Fax: 981 542 638
- Servizos Provinciais de Deportes da Coruña
Avda. de Glasgow, n 11 - O Birloque
15008 A Coruña Teléfono: 981 132 443
Fax: 981 132 527
- Servizos Provinciais de Deportes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70 - 1ª Planta
27071 Lugo Teléfono: 982 294 559
Fax: 982 294 565
- Servizos Provinciais de Deportes de Ourense
Camiño Prado Lonia, s/n
32004 Ourense Teléfono: 988 386 050
Fax: 988 386 08
- Servizos Provinciais de Deportes de Pontevedra
Padre Fernando Olmedo, 3
36002 Pontevedra Teléfono: 986 861 117
Fax: 986 861 148
______________________________________________________________________________________________
Documentos Indicacións para a correcta inscrición no rexistro Formulario de rexistro dunha asociación deportiva Modelo dun acta fundacional dun club Modelo de estatutos dun club Modelo de relación dos membros da xunta directiva Modelo de aprobación dos estatutos dun club Modelo para a modificación do rexistro dun club