Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 4  SeguinteAvanzarÚltima

24.06.2010

Convocatoria dos programas de Tecnificación e Rendemento Deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Publícase a convocatoria dos programas de Tecnificación e Rendemento Deportivo no CGTD

21.06.2010

Convocatoria axudas DGAN 2009. Publícase o listado de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas.

No día de hoxe a Fundación Deporte Galego publicou o listado provisional de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas no marco da convocatoria do programa específico de axudas 2009 para deportistas galegos/as de alto nivel.

04.01.2010

Declárase Fundación de Interese Galego a Fundación Óscar Pereiro

O DOG do 1 de abril de 2009 publica a orde pola que se declara a entidade deportiva creada polo ciclista Óscar Pereiro como Fundación de Interese Galego

11.12.2009

Acordo dos exames para a habilitación de guías de turismo especializados de Galicia

Acordo do 23 de setembro de 2009 do Tribunal que xulga os exames para a habilitación de guías de turismo especializados de Galicia, polo que se fai público o lugar, a data e hora do primeiro exercicio dos devanditos exames.

11.12.2009

Datas dos exames para a habilitación de guías de turismo-2º exercicio

Acordo do 23 de outubro de 2009 do Tribunal que xulga os exames para a habilitación de guías de turismo especializados de Galicia, polo que se fai público o lugar, a data e a hora do segundo exercicio dos devanditos exames.

11.12.2009

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico

Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se modifica a Orde do 3 de agosto de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico. Procedemento CT982D.

11.12.2009

Apertura dun novo prazo de solicitudes de obtención de permisos en coutos de pesca para establecementos turísticos

Novo prazo para a solicitude de permisos de reo e troita en debido a supresión de permisos de salmón.

11.12.2009

Concesión de subvencións ás asociacións para as festas populares e outros eventos de contido turístico.

Resolución do 4 de decembro de 2009 pola que se publica a relación de subvencións concedidas ao abeiro da Orde de 3 de agosto de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións á asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico. (Procedemento CT982V)

24.11.2009

Resolución pola que se resolve a Orde do 13 de marzo pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a concellos de menos de 10.000 habitantes para o desenvolvemento de actividades deportivas

Resolución do 14 de outubro de 2009, pola que se resolve a Orde do 13 de marzo de 2009 (DOG Nº58 do 25/03/2009), pola que se regula o réxime de concesión de subvencións aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2009, e se procede á súa convocatoria.

24.11.2009

Resolución pola que se modifica o prazo de xustificación pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas en 2009

Resolución do 24 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica o prazo máximo de xustificación
previsto na Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2009 e se procede á súa convocatoria.

24.11.2009

Resolución de axudas da orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se regula a concesión de axudas a concellos de Galicia para compensar os danos sufridos en instalacións deportivas públicas polos efectos do temporal do 23 e 24 de

Acaba de publicarse a resolución do 26 de outubro de 2009 mediante a que se resolve a convocatoria de axudas recollida na orde do 2 de febreiro de 2009. Nela regulábanse as concesións de axudas a concellos galegos para compensar os danos que se produciron nas instalacións deportivas públicas por causa do temporal que viviu Galicia os días 23 e 24 de xaneiro deste ano. A listaxe coa resolución pode descargarse no arquivo que hai ao pé deste aviso.

24.11.2009

Publicada a listaxe das entidades e deportistas beneficiarios/as das axudas da Fundación Deporte Galego para a promoción do deporte en Galicia no 2009

A Fundación Deporte Galego publica hoxe a listaxe coas 463 entidades e 316 deportistas galegos que recibirán en conxunto un millón e medio de euros para a promoción do deporte en Galicia no ano 2009.

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 4  SeguinteAvanzarÚltima

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636