Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

23.02.2010

Asinase en Braga o convenio para a celebración do I Trofeo Interuniversitario de Remo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Amplo apoio institucional entre Galicia e o norte de Portugal para impulsar o Trofeo Interuniversitario de Remo, co apoio da Secretaria Xeral para o Deporte

Imprimir Atrás

A Fundación CEER promoveu un acto de sinatura dun convenio de colaboración para a organización o “I Trofeo Interuniversitario de Remo. Modalidade barcos dragón”, o pasado venres, na sede da Reitoría da Universidade de Minho, en Braga.

A primeira regata universitaria transfronteriza celebrarase no río Miño, á altura do Concello de Tui, o día 22 de maio, na modalidade de barcos canoa-dragóns. Os equipos competidores serán os representantes das seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, contando cada un con doce deportistas, en modalidade mixta, con 10 remeiros/as, un tamborileiro/a e un timonel.

O I Trofeo Interuniversitario de Remo pretende converterse nun espazo simbólico de encontro entre xóvenes estudantes das seis universidades públicas da Eurorrexión, ao tempo que nun lugar propicio para o fomento de valores como o esforzo, a superación e a recompensa deportiva, así como de hábitos vida saudables.

Na sinatura do convenio estiveron presentes a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, xunto co seu homólogo portugués do Instituto de Desporto Portugués, o alcalde de Tui, o presidente da Cámara Municipal de Valença, os reitores e representantes das  Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, Minho, Porto, Trás-os- Montes e Alto Douro e A Coruña, e da Fundación CEER; asinaron tamén os presidentes Federacións Galega de Piragüismo e a Federación Portuguesa de Canoagem, así como da Associação de Canoagem do Minho.

Grazas ao interese mostrado por todas as partes involucradas nesta competición, o I Trofeo Interuniversitario de Remo, pretende convertese no evento deportivo por excelencia da Eurorrexión Galicia –Norte de Portugal

 

Galería de fotos

Vistas:  1169

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636