Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

23.02.2010

A carreira da Muller chega a Galicia

Hoxe presentouse na sede do Consello Superior de Deportes de Madrid o Circuíto Nacional da Carreira da Muller Central Lechera Asturiana que por primeira vez celebrará unha das súas probas en Galicia.

Imprimir Atrás

O próximo 23 de maio, Galicia terá por primeira vez unha carreira popular para mulleres. Santiago de Compostela foi elixida como nova sede do Circuíto Nacional da Carreira da Muller, o evento feminino máis importante de Europa, cunha participación de 50.000 mulleres e que conta coa Princesa de Asturias, Dona Letizia Ortiz, como Presidenta de Honra. O Circuíto da Muller, que recolle fondos para a loita contra o cancro de mama, comeza o próximo 7 de marzo en Málaga, chegando posteriormente a Barcelona, Sevilla, Valencia, Madrid, Zaragoza, Xixón, Vitoria e Santiago de Compostela.
O Secretario de Estado para o Deporte, D. Jaime Lissavetzky, presentou o Circuíto da Carreira da Muller xunto a destacadas atletas, como a campioa do mundo Marta Domínguez ou a campioa de Europa de duatlón Ana Burgos e o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, D. José Ramón Lete, que anunciou que o percorrido da proba galega será moi especial. “Estou moi satisfeito de que por fin a Carreira da Muller chegue á nosa terra e sirva para potenciar a presenza da muller no deporte e ademais estou seguro que será un gran éxito de participación e de solidariedade das mulleres e deportistas galegas na loita contra o cancro de mama. O percorrido vai ser moi atractivo xa que discorrerá polos derradeiros 6 quilómetros do Camiño de Santiago, dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro. A Carreira da Muller forma parte dos actos conmemorativos do ano Xacobeo”.

 

Galería de fotos

Vistas:  1277

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636