Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

22.02.2010

Baloncesto >> A FGB pon en marcha a Segunda Edición do Congreso Galego de Baloncesto

A Federación Galega de Baloncesto organiza os vindeiros 15 e 16 de marzo unha nova edición deste Congreso.

A actividade contará coa participación do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e coa presenza de destacados profesionais de diferentes áreas do baloncesto.

A inscrición no congreso será de balde, desfrutando ademais, os 100 primeiros inscritos, dun xantar gratuíto.

Imprimir Atrás

Co obxectivo de ofrecer una nova ocasión na que debater sobre a realidade actual do baloncesto, a Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Universidade de A Coruña,  pon en marcha o II Congreso Galego de Baloncesto.

Os vindeiros días 15 e 16 de marzo, nas dependencias do INEF de A Coruña, reuniranse diferentes profesionais do mundo do Baloncesto e do Deporte en xeral que repasarán varias áreas temáticas de actualidade.

A actividade iniciarase o luns día 15 cunha mesa redonda sobre o baloncesto feminino en Galicia. Nesta estarán implicados os directivos de diferentes clubs adicados en exclusiva a esta categoría. Así, daranse cita o directivo e fundador do C.D. Ensino, Fernando Fernández Allende, os directivos do C. B. Pontumio, Armando e Luis Otero Roberes, e por parte do C.B. Femenino Sil, José Luis Gómez Álvarez.

Posteriormente, o II Congreso de Baloncesto Galego contará tamén coa presenza do destacado Catedrático de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona  e Director do Máster en Psicoloxía desta institución, Jaume Cruz Feliu. Os “Estilos de Comunicación dos Adestradores” protagonizarán a súa comunicación, tras a cal realizarase un xantar de traballo.

A quenda vespertina virá determinada pola Promoción do Deporte en Idade Escolar. Neste caso, a FGB conta coa colaboración do Secretario Xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete, quen encabezará as ponencias sobre esta temática.

Tras a súa intervención terán oco os relatos do directivo do CB Universitario de Ferrol, Leopoldo Ibáñez, así como do Director Deportivo do C.B. Seis do Nadal – Coia, Sergio González.

Segunda xornada
O II Congreso de Baloncesto celebrará o día 16 de marzo unha segunda xornada que contará coa participación do adestrador do Básquet Coruña, Antonio Pérez, e do profesor de Baloncesto da Facultade de Ciencias do Deporte da UDC, Antonio Montero.

As intervencións de ambos, que xirarán en torno ao adestramento por obxectivos e o adestramento do lanzamento, respectivamente, virán precedidas pola exposición dunha serie de traballos realizados con respecto ao Congreso e cuxa presentación a concurso está aberta a todo aquel que o desexe.


Inscrición e convalidacións
Os interesados en formalizar a súa inscrición neste II Congreso Galego de Baloncesto poderán facelo, antes das 12.00 h. do 8 de marzo, achegando o formulario de inscrición por mail (eventos@fegaba.com), FAX (981566066) ou en persoa á Federación Galega de Baloncesto.
 
A participación no congreso será de balde, desfrutando ademais, os 100 primeiros inscritos, dun xantar gratuíto. Ademais, a asistencia completa a primeira xornada deste II congreso poderá validarse como 8 horas de formación continua para os alumnos da Escola Galega de Adestradores que se atopen realizando os cursos de nivel 1 e nivel 2.

Igualmente, no plano formativo os alumnos da Universidade de A Coruña que participen de xeito íntegro en ambas as xornadas do Congreso terán dereito a un crédito de libre configuración.

Programa do congreso

 

Federación Galega de Baloncesto
Gabinete de prensa

Vistas:  950

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636