Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

03.03.2010

Baloncesto >> A Federación Galega de Baloncesto Organiza en Vigo un Curso de Iniciación para Adestradores

A Escola Galega de Adestradores de Baloncesto inaugura neste mes de marzo os seus cursos de iniciación correspondentes ao ano 2010.
A Delegación de Vigo da FGB será a encargada de acoller o primeiro e dar así oportunidade a todos os amantes do baloncesto que desexen iniciarse como adestradores.

Imprimir Atrás

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto acollerá durante este mes de marzo e no vindeiro mes de abril o primeiro curso de iniciación da Escola Galega de Adestradores para a temporada 2009/2010.

Baixo a dirección de Cuco Rodríguez e repartidas as clases en dúas fins de semana completas, 13 e 14 de marzo e 17 e 18 de abril, levarase a cabo este curso en horario de 09.30h a 14.00 h e de 16.30 h a 21. 00 h.

O colexio Maristas de Vigo acollerá a actividade, a cal contará cun elenco de profesores completo e de grande calidade. Así, os alumnos poderán contar coa experiencia e profesionalidade de adestradores e adestradoras da talla de Carlos Colinas, César Iglesias, Jaime Timiraos, Cristina Cantero, o propio director do curso, Cuco Rodríguez, e o recentemente nomeado seleccionador español feminino U 18 e actual adestrador do Real Club Celta de LF2, Miguel Méndez.

Inscrición e participación
A participación neste primeiro curso da temporada require un proceso de inscrición para o cal a Escola Galega de Adestradores habilita unha data límite: o vindeiro 11 de marzo, xornada anterior a fin de semana inicial do curso.

Deste xeito, e antes desta data,  os interesados en formar parte da iniciativa teñen que facer chegar á Delegación Viguesa de Baloncesto o formulario de inscrición.  Así mesmo, deberán entregar 2 fotografías tamaño carné, fotocopia compulsada do DNI, e xustificante de ter pagado a cota de inscrición ao curso (200 euros), así como copia compulsada da titulación académica. Toda a documentación e información completa relativa a este proceso pode atoparse na web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

 

Federación Galega de Baloncesto

Vistas:  998

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636