Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

08.03.2010

O secretario xeral para o Deporte visita A Pobra para reunirse cos clubs e presentar dous proxectos de instalacións

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, aproveitou a súa presenza na Pobra do Caramiñal con motivo do Campionato Galego escolar de campo a través para reunirse cos clubs deste concello, cuxos dirixentes explicáronlle os proxectos que están levando a cabo así como as súas necesidades.

Imprimir Atrás
José Ramón Lete mantivo esta reunión acompañado polo alcalde da Pobra, Isaac Ventura, co que tivera un encontro uns minutos antes. Na charla asistiron clubs como A Portela de fútbol sala, que organiza unha liga de veteranos con máis de 150 participantes, o Adecio Dea de tenis de mesa, a Asociación de Atletismo e de Deportes do Barbanza, o Club de Tenis Punta Salera ou o Pobra de fútbol, entre outros.

O secretario xeral aproveitou a ocasión para explicar os proxectos do seu departamento, así como as políticas deportivas da Xunta de Galicia nun ano que cualificou como o dos clubs “como está quedando patente nas nosas decisións”, manifestou.

Logo da reunión cos clubs o secretario xeral para o Deporte recibiu a dous novas atletas da Pobra, que no último Campionato de España de categoría cadete de pista cuberta lograron subir ao podio. Iria Delgado fíxoo para colgar a medalla de prata en triplo salto e Ana Peleteiro para recoller a de ouro en salto de lonxitude. Acompañado polo alcalde fíxolles entrega dun recordo.

Antes de acudir ao Campionato Galego de cros, José Ramón Lete asistiu á presentación do proxecto do campo de fútbol de Cadreche e visitou a parcela da rúa Gasset onde está previsto a construción dunha pista de multixogos cun orzamento de preto de 60.000 euros e que se inclúe no programa de instalacións para o fomento da actividade física e o deporte.

Vistas:  829

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636