09.03.2010
O importe total que a Federación destinará a esta área de formación ascende a un total de 3000 euros.
A Federación Galega de Baloncesto convoca para esta temporada 2009 – 2010, a concesión de axudas económicas para a realización dos Cursos de Iniciación de adestradores.
A entidade federativa, a través da súa Escola Galega de Adestradores, destina á materialización destas axudas ata un máximo de 3.000 euros, o que implica que se outorgarán un máximo de cinco bolsas por cada un dos cursos que se realicen.
As persoas que teñen a oportunidade de optar a estas bolsas serán os alumnos inscritos nados no ano 1990 ou posteriores e que obteñan a cualificación de “APTO” ao remate do curso.
Para demandar a Bolsa o solicitante deberá cumprimentar o formulario preciso para este caso e entregalo, conxuntamente, co impreso de inscrición no propio Curso. Os alumnos ingresarán a totalidade da cota de inscrición do curso que lle corresponda e, posteriormente, unha vez realizado o Curso, a Federación reintegraralle os importes das axudas na conta que o beneficiario indique.
A Federación Galega de Baloncesto lembra que, en ningún caso, se tramitarán solicitudes deste tipo con posterioridade ao inicio do curso.
FUENTE: FEDERACION GALLEGA DE BALONCESTO
Vistas: 831
© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636