Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

11.03.2010

Loita >> Viaxe da Selección Galega de Loitas Olímpicas o campionato de España cadete, que se celebrará o próximo 13 de Marzo en Murcia.

A selección Galega cadete de Loitas Olímpicas, parte este xoves cara a Murcia, onde o sábado 13 de Marzo, terá lugar o Campionato de España de Loitas Olímpicas nas categorías de: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina.

Imprimir Atrás

Tras os resultados acadados o ano pasado a Federación Galega tratará de mellorar o 2º posto acadado en loita libre olímpica onde os deportistas mais destacados son: Francisco Moire (Club Touro) na categoría de 58kg, Frank Manuel Cabrera (Club Stellae de Santiago de Compostela) na categoría de 63kg, Manuel García medallista o ano pasado do Club Keltoi, así como David Fernández (Club Stellae) e Oscar Moreno (Club Loita Lugo) na categoría de 76kg e os dous representantes mais fortes Damián Iglesias (Club Touro) e Francisco Otero (Club Loita Lugo) menos de 84kg,  o 2º posto en loita feminina e o 3º posto en loita grecorromana onde os mais destacados son: Bruno Carracelas (Club Vilalba) e Diego Torreiro do Club Keltoi.

Por outra banda o club de loita San Ignacio de Vigo, tratará de revalidar o título de Campión de España por Clubs en Loita Libre Feminina, acadado no ano 2009 por primeira vez para un Club Galego, esperamos que a selección feminina siga facendo historia neste deporte, aportando a maior parte das deportistas da selección. As loitadoras mais destacadas son Nerea Vila e Sara Viéitez do Club de loita San Ignacio, ambas adestran no CGTD de Pontevedra o igual que Iris Lucia Cepeda (Club Stellae de Santiago de Compostela) e Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces).
O eixo das diferentes seleccións está formado polos deportistas becados no CGTD de Pontevedra, pero cada ano mais deportistas únense a selección. Para este campionato de España, deportistas de tres provincias representarán os seus clubs e a Galicia neste campionato.
Este traballo de diversificación, e a non dependencia do traballo de uns poucos clubs, provocan o rápido crecemento das Loitas Olímpicas, non só no eido Galego, se non que tamén crecen os resultados a nivel estatal.

O traballo con adestradores que teñen titulacións deportivas superiores e formación universitaria está a crear unha forma de traballo única no territorio nacional, proba de elo é que Galicia é a comunidade autónoma con mais clubs representados nos Campionatos de España. Este fenómeno non ocorre en outras comunidades autónomas, onde un Centro de Tecnificación Deportiva ou un Club deportivo ostenta a maior parte da representación dunha autonomía.

Convocatoria deportistas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fuente:  FGLeDA

Vistas:  863

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636