Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

26.07.2010

Vela >> Nicolás Rodríguez: "Tivemos mala sorte pero sabemos que podemos estar entre os dez primeiros"

Tras dúas xornadas complicadas no Mundial de 420 en Haifa non perden a esperanza e aseguran o obxectivo segue sendo clasificar o Pescanova-Xacanparts.com-Puerto de Villagarcía no grupo ouro

Imprimir Atrás

Segunda xornada dunha nova edición do Campionato do Mundo da clase 420 que estes días se celebra en Haifa (Israel) sen que haxa mellores resultados da representación galega desprazada. O equipo Pescanova-Xacanparts.com-Puerto de Villagarcía, defende que non terán difícil estar entre os dez ou quince primeiros. Se onte era un cabo o que lles xogaba a mala pasada, hoxe foi o cañin, e a bandeira negra, cun BFD na primeira das mangas que ensombrecía o sétimo que poderían ter asinado.

Dos 12 nós de partida, a segunda proba afrontábana os 83 barcos inscritos na categoría masculina con 8 nós e encalmadas de case 0, e finalizaban o décimo quinta praza. Xa na última o fallo na elección do bordo lles valía rematan de 41.

Así, tras seis probas disputadas e un descarte, suman 92 puntos. O tándem vigués-liceísta non perde a esperanza de recortar posicións e aseguran que intentarán clasificar o Pescanova-Xacanparts.com-Puerto de Villagarcía para o grupo ouro.

A selección galega de Vela Caixanova, formado polas viguesas Neves Lorente e Alejandra Suarez Nieves, melloraron un pouco os resultados da xornada inaugural, na que cun 34, 23 e 28, quedaban relegadas. Hoxe o seu mellor posto foi un 11, que se sumou a un 28 e un 20.

Fonte: Federación Galega de Vela

Vistas:  308

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636