Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

27.07.2010

Balonmán >> A Selección Xuvenil Masculina de Brasil xogará contra Galicia os días 30 e 31 de Xullo

O equipo brasileiro está concentrado en Pontevedra ata o próximo día 5 de agosto.

Imprimir Atrás

A selección xuvenil masculina de Brasil atópase en Pontevedra concentrada e xogará dos partidos amigables contra a selección de Galicia.

O equipo brasileiro permanecerá en Pontevedra ata o próximo día 5 de agosto e antes xogará dous partidos de preparación contra a selección galega. O primeiro dos partidos terá lugar o día 30 de xullo venres (20:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que o día 31 de xullo xogarán no pavillón de Pontevedra a esa mesma hora.

A selección galega está formada por xogadores dos clubs Academia Octavio, Seis do Nadal, Atlético Novás, BM Cisne, BM OAR e E.B. Xiria, sendo o grupo do Octavio o máis numeroso. O conxunto galego está formado por: Guillermo Rial Barreiro, Diego Rivas Pérez e Víctor Rodríguez Costas (Seis do Nadal); Marcos Dorado Álvarez, Carlos Rodríguez Vicente e Miguel Trigo González (Atlético Novás); Antonio Carballa Muñiz, Alexandre Chan Blanco e Miguel Simón Loureiro (BM. Cisne); Ángel Iglesias Castro (BM. OAR); David García Pichel (E.B. Xiria) e Gonzalo Carro Castro, Pablo Chantada Alonso, Rubén Crespo Fernández, José Luis Pérez Pérez, Andrés Piñeiro Martín, Diego Piñeiro Martín e Eduardo José Salazar Heigl (Academia Octavio).

Fonte: Federación Galega de Balonmán

Vistas:  323

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636