Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

29.07.2010

Triatlón >> Valladolid acolle esta fin de semana o Campionato de España de Tríatlon por Equipos e o Clasificatorio para o Campionato de España

No campionato de España o Cidade de Lugo Fluvial e o Arcade Inforhouse buscan acadar un bo resultado.

Imprimir Atrás

Valladolid acolle esta fin de semana unha dobre cita. O sábado celebrarase o Campionato de España de Tríatlon por equipos, mentres que o domingo terá lugar o último clasificatorio para o Campionato de España.

Campionato de España. Tres clubs galegos (Arcade Inforhouse, Cidade de Lugo Fluvial e Galaico Cidade de Pontevedra) participarán no Campionato de España de Tríatlon por equipos. Cada equipo está formado por tres deportistas e todos eles realizarán un mini-tríatlon (300 metros de natación, 8 quilómetros de bicicleta e 2 quilómetros de carreira a pe).

O Arcade Inforhouse participa con dous equipos en cada categoría (masculina e feminina), aínda que non participa Iván Raña.Na categoría masculina o nivel dos competidores é moi alto. O equipo A está formado por Alberto Trillo, Brasi Canosa e Antón Ruanova, mentres que o equipo B conta con Rubén Bouza, Emilio Lousa e Nico Domínguez. Na categoría feminina tamén presenta dous equipo, no A contará con Virginia Pérez, Laura Mosquera e Barbara Penas, mentres que no B as integrantes serán Grit Hagen, Flavia Coniglio e Sabela Fraga.

Pola súa banda o Cidade de Lugo Fluvial participa cun equipo masculino (formado por Jesús Gomar, Óscar Vicente e David Castro) e outro feminino (Aida Valiño, Estefanía Domínguez e Saleta Castro), ambos formados por deportistas dun altísimo nivel en un bo estado de forma, polo que tentarán loitar polas medallas.

O terceiro club galego que asiste ao Campionato de España é o Galaico Cidade de Pontevedra, que só participará na categoría masculina cun equipo formado polos júnior Óscar e Iván Castro Toucido e Ismael Vieitez.

A participación no campionato é moi importante. Na categoría masculina participarán un total de 73 equipos (varios clubs acuden con dous equipos), mentres que na feminina os equipos participantes son 29.

Clasificatorio. E ao día seguinte celebrarase tamén en Valladolid o último clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon no que xa hai inscritos 450 deportistas e hai máis de cen personas na lista de espera. A maioría dos que o día anterior participan no Campionato de España por equipos, tamén participarán neste clasificatorio. Os triatletas terán que nadar 750 metros, percorrer 20 quilómetros en bicicleta e correr 5 quilómetros.

 *A continuación, a inscripción galega na proba elite.

Apelidos Nome Club
QUEIRUGA MELLA Rubén A.D. Fogar
CASTRO IGLESIAS David Cidade de Lugo Fluvial
CASTRO NOGUEIRA Saleta Cidade de Lugo Fluvial
DOMÍNGUEZ CALVO Estefanía Cidade de Lugo Fluvial
EPPERS REYNDERS Agnes Kay Cidade de Lugo Fluvial
GOMAR GARCÍA Jesús Cidade de Lugo Fluvial
JIMÉNEZ JIMÉNEZ Marta Cidade de Lugo Fluvial
MANSO RODRÍGUEZ Javier Cidade de Lugo Fluvial
MORA SIMÓN Noelia Cidade de Lugo Fluvial
PIÑEIRO LÓPEZ Manuel Cidade de Lugo Fluvial
PRIETO LÓPEZ Carlos David Cidade de Lugo Fluvial
ROSADO SÁNCHEZ Javier Cidade de Lugo Fluvial
VALIÑO GÓMEZ Aida Cidade de Lugo Fluvial
VICENTE RODRÍGUEZ Óscar Cidade de Lugo Fluvial
DAPORTA MÉNDEZ Miguel Club Olímpico de vedra
BOUZA CALVO Rubén Tríatlon Arcade Inforhouse
CANOSA FERNÁNDEZ Brais Tríatlon Arcade Inforhouse
DOMÍNGUEZ GARCÍA Nicolás Tríatlon Arcade Inforhouse
LOUSA REGUEIRO Emilio José Tríatlon Arcade Inforhouse
NERCELLAS MÉNDEZ Javier Tríatlon Arcade Inforhouse
RUANOVA FERNÁNDEZ Antón Tríatlon Arcade Inforhouse
TRILLO BARCA Alberto Arcade Inforhouse Santiago
CASILLAS GARCÍA Miriam Tríatlon Ferrol
CASTRO TOUCIDO Iván Tríatlon Galaico Cidade de Pontevedra
CASTRO TOUCIDO Óscar Tríatlon Galaico Cidade de Pontevedra
VIEITIZ PORTO Ismael Tríatlon Galaico Cidade de Pontevedra

 

Fonte: Federación Galega de Triatlón

Vistas:  317

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636