Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Novas

29.07.2010

Vela >> A falta de vento nos campos nos que se disputan os campionatos de vento pasan factura aos regatistas galegos

Os mundiais de Cadete e 420 non deixa lucirse á selección de vela Caixanova

Imprimir Atrás

A falta de vento segue marcando o protagonismo nos distintos campionatos que disputan estes días a selección galega de vela Caixanova. En Haifa (Israel), o tándem formado por Nicolás Rodríguez e Sergio Crespo, do Real Club Náutico de Vigo e Liceo Casino de Vilagarcía respectivamente, en 420 seguen acusando complicacións ben derivadas das difíciles condicións meteorolóxicas que se encontraron na zona ou por problemas de material. A sorte non parece estar do seu lado a pesar de que poderían estar a ocupar os postos de cabeza, tal e como demostraron nas distintas citas náuticas nas que participaron. As viguesas Neves Lorente e Alejandra Suárez Nieves, que completan o equipo desprazado pola Federación Galega de Vela, tampouco melloran na clasificación.

Así, os primeiros no grupo ouro ocupan a praza 37 e suman 186 puntos tras seis mangas e a aplicación de dous descartes. As segundas, na categoría prata, posto que non lograron clasificarse para o ouro, ocupan a 28 con 136 puntos.

Campionato do Mundo de Cadete en Polonia
No Campionato do Mundo que estes días e ata o próximo sábado se celebra en Puck (Polonia), a selección de vela Caixanova non ten mellores condicións, non sendo as habituais da zona, tal e como aseguran os paisanos. Cun total de 80 barcos en liza, de 13 nacionalidades distintas. No grupo ouro, Luis Bugallo e Alejandra Celada ocupan a praza 23 e 45 tras sumar sete probas, con dous descartes. En canto á promoción prata, con 70 unidades en competición, os tamén galegos Ana Rivas e Javier de la Gándara, van 20 e 24 respectivamente, tras completar nove probas e aplicar dous descartes.

Fonte: Federación Galega de Vela

Vistas:  299

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636