Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Xogade

A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLOS XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS ESCOLARES (XOGADE) PARA O FOMENTO DA PRÁCTICA DE ACTIVIDADE FÍSICA

A Secretaría Xeral para o Deporte presenta en 2009-2010 o seu novo programa de deporte escolar o cal se denomina "XOGADE"; Xogos Galegos Deportivos, en idade escolar, un nome que ademais pon en evidencia unha das súas intencións: utilizar o XOGO como ferramenta de traballo que permita iniciar os mozos en diferentes disciplinas deportivas asegurando o seu desfrute, favorecendo así unha maior conexión entre o neno/a e a actividade.
O carácter lúdico aumentará a posibilidade dun uso posterior no desfrute do seu tempo libre, colaborando a crear hábitos de vida activos e saudables.

Xogade recolle toda a actividade deportiva en idade escolar promovida e promocionada dende a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o deporte), documentación que pode ser descargada da páxina web: www.deporteescolargalego.org

XOGADE considera dous itinerarios claramente diferenciados:

- Itinerario Deportivo – Competitivo: Actividade deportiva - competitiva que recolle as experiencias máis exitosas que se repiten ano tras ano con unicamente algunha variación de mellora en canto á estrutura organizativa ou á incorporación de novas modalidades deportivas, como foi o Fútbol no curso actual.
Consta con 21 modalidades deportivas nas cales se disputan fases: comarcais, intercomarcais, provinciais e autonómicas.

-Itinerario lúdico – recreativo: O seu obxectivo principal é o achegamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas empregando a mellor das ferramentas das que dispoñemos en educación:  O XOGO.
    
A través do XOGO os nenos e as nenas tanto de primaria coma de secundaria, terán a posibilidade de divertirse ao mesmo tempo que realizan a súa primeira inmersión en diferentes deportes.

Dende a Secretaría Xeral para o Deporte quérese dotar aos Centros Escolares dos medios humanos e materiais necesarios para levar a cabo este achegamento dentro do propio centro escolar, evitando o desprazamento do alumnado e aproveitando as xornadas escolares. É así como xurdiron as diferentes actividades "no cole", onde os centros que así o soliciten, dispoñerán de profesionais que acudirán ao centro co material necesario para realizar xogos introdutorios ao deporte seleccionado. A actividade estará coordinada polo profesor do devandito centro escolar e as Federacións Deportivas ou asociacións correspondentes.Este itinerario posibilita o achegamento aos Centros de Educación Especial.
    
Por outra parte preténdese dar a oportunidade ao alumnado de compartir estas actividades e xogos, creando actividades baseadas en encontros lúdicos, por exemplo:  Xogando co Taekwondo,  Xogando ca Loita Olímpica ou Xogando co Atletismo.

Así se presenta o novo itinerario lúdico - recreativo con 12 actividades nas que participan 8 federacións, das 17 incorporadas no itinerario deportivo - competitivo, Asociación Galega do Xogo Popular (AGXP) e Asociación Galega de Clubs de Orientación.

Campeonato galego de campo a traves XOGADE

 

 

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636