Xunta de Galicia Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte para toda a vida

Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)

A COMUNIDADE GALEGA CONTA CON 249 DEPORTISTAS RECOÑECIDOS COMO DE ALTO NIVEL

Galicia conta con máis de 249 deportistas recoñecidos como de alto nivel (DGAN) despois do procedemento que culminou a finais do mes de outubro, tras la cal se incluíron 27 novos deportistas que se engaden á lista confeccionada no mes de xuño.

O deporte con máis recoñecementos no último proceso foi o taekwondo con nove deportistas, entre eles a ex campiona do mundo Belén Asensio ou Rebeca Mariño, que participou no último Mundial absoluto disputado en Copenhague. A segunda modalidade con máis incluídos novos é a vela con seis, mentres que halterofilia, loita, natación, remo, squash, atletismo ou balonmán tamén viron recoñecidos a deportistas.
Este recoñecemento, que é por tres anos, permitirá aos deportistas obter diferentes beneficios, entre eles as bolsas DGAN que outorga a Xunta de Galicia.

Na listaxe de Deportistas Galegos de Alto Nivel están figuras como os campións olímpicos Antón Paz, Carlos Pérez Rial ou Fernando Echávarri, así como o dobre medallista olímpico David Cal ou o campión de Europa de Tríatlon, Javier Gómez Noya ou as medallistas mundiais de taekwondo, Andrea Rica ou Fani Hernández.

Así, en xaneiro do ano 2004, púxose en marcha o procedemento para o recoñecemento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), co que se pretende recoñecer e apoiar os e as deportistas máis destacados no ámbito nacional e internacional, incentivando a súa dedicación ao deporte de alto nivel.

A cualificación dos e das deportistas de alto nivel e dos programas de beneficios que a estes se dirixen regúlanse a través do Decreto 6/2004 do 8 de xaneiro. Os deportistas e as deportistas galegas que queiran ser recoñecidos como deportistas de Alto Nivel deben:

  • Estar empadroados ou empadroadas nun concello galego.
  • Ter máis de 16 anos.
  • Ter licenza deportiva por unha federación galega dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude.
  • Non estar cumplindo sanción disciplinaria deportiva ou administrativa en materia deportiva.
  • E acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade que practique.


A solicitude, selada e asinada pola Federación, debe presentala o deportista ou a deportista, nos meses de xuño ou novembro na Secretaria  Xeral para o Deporte ou nos servizos provinciais.

Os beneficios dos que gozan os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel refírense ao eido educativo, ao laboral e ao económico. No ámbito educativo resérvanse unha porcentaxe de prazas nos estudos universitarios e de Formación Profesional coa dispensación do cumprimento de requerimentos deportivos para o acceso ás titulacións de técnicos deportivos. No terreo de incorporación ao mercado laboral a condición de Deportista Galego de Alto Nivel considérase un mérito avaliábel nas probas de selección de prazas relacionadas coa actividade deportiva e convocadas polas administracións públicas. No eido económico pódese establecer un programa específico de axudas económicas para os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel que cumpran os requerimentos deportivos que se soliciten nunha determinada convocatoria.

Actualmente son 249 os e as deportistas galegos/as que teñen o recoñecemento de DGAN. 

Modelo de Solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)

Orde 30 Maio 2005 - Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)

Decreto 6 - 2004 Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)

Listado provisional subsanacion solicitudes axudas DGAN 2009


 

 

 

© Secretaría Xeral para o Deporte - Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 601 Fax: 981 542 636